No Pleno celebrado esta mañá aprobouse por unanimidade o convenio de colaboración coa Asociación «ÉRGUETE» para por en marcha o «Programa de Prevención das Drogodependencias e outras condutas adictivas 2023».

Tamén se acordou a modificación de crédito do contrato de obras de construcción do skatepark e pumptrack que experimenta un aumento de prezo de 50.671,60€.  Un 18,52% máis sobre o prezo inicial do contrato.

Na Sesión Ordinaria celebrada esta mañá o Pleno votou a favor, por unanimidade de toda a Corporación, da aprobación do Convenio coa Asociación «ÉRGUETE» que posibilitará por en marcha o novo “programa de prevención de drogodependencias e outras condutas adictivas neste 2023»

Un novo servizo de prestación agrupada e xestión compartida cos concellos de Arbo, Crecente e Melón, que permitirá a posta en marcha desta nova unidade para os anos 2022-2025, xestionado dende o Concello da Cañiza como promotor e que xa se aprobou no Pleno celebrado o pasado 16 de xaneiro.

Para por en marcha este programa, que permitirá cubrir a unha poboación total de 10.810 habitantes, hoxe acordouse aprobar a sinatura do Convenio coa Asociación “ÉRGUETE - Prevención e Intervención en condutas adictivas”, presidida por dona Carmen Avendaño Otero. Un convenio que dará cobertura a este proxecto dirixido á comunidade en xeral, prestando especial atención á poboación adolescente e ás súas familias.

Entre as funcións da unidade están principalmente, a execución e avaliación dos programas de prevención de condutas aditivas, actuar como nexo de unión entre a Dirección Xeral de Saúde Pública e calquera entidade que teña relación coa prevención das condutas aditivas e atender e canalizar as demandas de información, asesoramento e formación sobre este tema.

As actuacións se desenvolverán nos centros educativos dos Concellos, principalmente entre o alumnado de primaria e secundaria.

As actividades do programa xirarán entorno a campañas de sensibilización e información sobre os riscos asociados ao consumo de substancias e outras conductas adictivas. Proxectos de prevención no ámbito educativo e nos lugares de consumo de substancias ilegais e alcohol. Implicación dos axentes sociais en actividades de prevención laboral. Posta en marcha dun sistema de atención, información e asesoramiento persoal a nivel comunitario e desenvolvemento de accións formativas dirixidas a colectivos específicos en risco, entre outros.

Un importarte servizo que entra en funcionamento para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas coa agravante de que a idade de inicio do consumo segue sendo moi temperá, entre os 12-13 anos. 

 

MODIFICACIÓN DE CRÉDITO DO CONTRATO DE OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DO SKATEPARK E PUMPTRACK.

O segundo punto da orde do día foi a adopción do acordo de modificación do proxecto e de crédito do contrato de obra de construcción das pistas, viuse encarecido en 50.671,60€,  un 18,52% do prezo inicial do contrato.

As obras adxudicadas á constructora PRACE SERVICIOS Y OBRAS SA.   comezaron o pasado mes de xaneiro e contemplan a construcción do parque de SKATEPARK e PUMPTRACK máis completo de Galicia. Cunha superficie total de 3.305 m2, inclúe pistas de Bowl, Pumptrack e Street. Unha obra deseñada pola empresa GEOURBAN INGENIERÍA AMBIENTAL Y URBANISMO S.L.,para crear un espazo deportivo seguro e ao aire libre, apostando por este deporte. Un novo recurso que aproveitaremos dende o Concello para xerar un atraente turístico máis dentro da Comarca.

A actuación está subvencionada pola Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos da Deputación para os anos 2022 e 2023 cun total de 289.991,08€. Agora sufre un incremento de 50.671,60€, impostos incluidos, que terá que costear o Concello con recursos propios.

Este incremento do 18,52%  do prezo inicial da obra, está xustificado, segundo explica a enxeñería da empresa constructora, pola aparición de terra negra e recheos de escombros de obra na excavación inicial (posiblemente procedentes da construcción do Centro Comarcal), polo que, para asegurar a base da instalación, foi necesario profundizar esta excavación e os seus cimentos nos máis de 3.300 m2 de obra.