
O pasado venres celebramos unha nova edición do «Correbares e festival folclórico»
Un encontro de músicos e de música galega cun único obxectivo: dar a coñecer a nosa cultura a través das pezas e instrumentos musicais galegos.
As rúas da Cañiza puideron disfrutar das melodias e acordes dunha xuntanza de bandas e grupos da Cañiza e da nosa Comarca, que dende as 20h ata as 22.30h interpretaron moreas de temas do noso repertorio tradicional: muiñeiras, xotas, pasodobres e rumbas.
Un evento do “Verán de Lecer A Cañiza 2024”, organizado pola Asociación Cultural da Cañiza, AS.CUL.CA, coa colaboración do Concello e da Deputación de Pontevedra.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes.
Galería multimedia







