COMUNICADO DA FEMP e a FEGAMP AO QUE SE ADHIRE O CONCELLO DA CANIZA
Ante as devastadoras consecuencias do grave terremoto que afectou a Venezuela e que deixa tras de si unha gran cantidade de vítimas mortais e numerosos feridos, convidamos a todas as institucións, entidades, traballadores/as, cidadanía e veciñanza a participar nun minuto de silencio hoxe, venres 26 de xuño de 2026, ás 12:00 horas, diante da Casa do Concello da Caniza.
A forte vinculación que une a Galicia con Venezuela, terra de acollida de milleiros de galegos e galegas, fainos sentir esta traxedia especialmente próxima. Por iso, queremos manifestar publicamente o noso pésame ás familias das vítimas e o noso apoio ás persoas afectadas.
O Concello da Caniza adhírese a esta convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e anima á veciñanza a participar neste acto de solidariedade e respecto.
O Alcalde da Caniza, Luis Piña