Medio centenar de nenos e nenas participaron onte na FESTA DA BICI cun paseo pola Cañiza e a súa contorna

Unha actividade deportiva para toda a familia onde destacou a participación dos máis pequenos que completaron o percorrido con saída e meta na rúa Oriente.

Durante aproximadamente unha hora pedalearon polas rúas da Cañiza e os arredores, nun circuito que non pasou dos 10 km.

A ruta marcou a saída na rúa Oriente y dende ahí seguiron un trazado seguro, polas rúas da Cañiza, chegando ata a zona de Leboriz, Carballo do Marco, volta á Praza Maior e ao Concello e percorrido polas rúas Rosalía de Castro, Castelao, Antonio Facorro, subida á Carballeira e á estrada de Filgueira, baixo a ponte da Autovía A-52 para logo volver ao Concello. 

Un percorrido supervisado en tomo momento por 7 integrantes do Motoclub Tumbada AS CATRO que guiaron aos ciclistas pola ruta, prestando especial atención aos cruces e parando de seguido para permitir o reagrupamento dos participantes.

O Concello repartiu augas en varios tramos da proba e chocolatinas na chegada á meta.

O Alcalde Luis Piña agradeceu esta mañá a colaboración do Motoclub pola axuda prestada nesta nova edición e tamén a todos os participantes por sumarse un ano máis a esta actividade deportiva.

E por suposto felicitou a Yago Sendín, participante co dorsal número 42, premiado coa bicicleta que sorteou o Concello para rematar a Festa.