O Concello da Cañiza conmemorou hoxe este Día coa lectura por parte do Alcalde Luis Piña dunha Declaración Institucional diante da Casa Consistorial ás 12 do mediodía.
Neste acto o Alcalde estivo acompañado polos concelleiros da Corporación Municipal, traballadores do Concello e veciños que se quixeron sumar a este momento.
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, co ánimo de poñer o foco na violencia que se exercía contra as mulleres polo feito de selo, en 1999 decidiu declarar o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Ás administracións públicas e a todo o conxunto da poboación, mulleres e homes, se nos encomenda a tarefa de concienciación e sensibilización.
Un ano máis, neste 25 de novembro, o Concello da Cañiza quere manifestar o rechazo cara a todas as formas de violencia recollidas no Convenio de Istambul e sumarse a todas as voces que claman por un futuro en igualdade e libre de violencia, en calquera das súas manifestacións.
Mais de 1.160 mulleres asasinadas pola súa parella ou exparella desde que existe rexistro a partires de 2003.
Asasinadas por ser mulleres.
Debemos sumar a esta arrepiante cifra todas aquelas violencias exercidas contra as mulleres e sinaladas no citado Convenio.
Son perdas inasumibles nunha sociedade avanzada e moderna. Estamos ante unha cuestión de Estado, de saúde pública e un grave atentado aos Dereitos Humanos.
Temos diante unha realidade innegable que nos interpela a todos e todas a unha acción firme en prol da erradicación da violencia contra as mulleres e das actitudes sociais que a toleran, xustifícana ou mesmo a banalizan.
Debemos intensificar esforzos para combater o machismo e condenar todas as actitudes, prácticas e condutas que consenten e reproducen as violencias machistas.
A lexislación española conseguiu importantes avances normativos chegando a contar cunha lexislación que é un referente para moitos Estados, sendo España o primeiro en acordar, en 2017, un Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. É tempo de que a sociedade tome conciencia e interiorice que, como dixo a Organización das Nacións Unidas,«a violencia contra as mulleres é unha vulneración dos dereitos humanos que alcanza proporcións pandémicas».
Observamos con preocupación o aumento no noso país do número de mulleres que teñen algún sistema de seguimento policial, de igual maneira o incremento de menores en situación de vulnerabilidade, xa que a violencia que sofren as nais esténdese tamén aos pequenos.
Alertamos do aumento da violencia vicaria (47 menores desde 2013) e mostramos a nosa preocupación polo desamparo que sofren os orfos e orfas.
Aínda que pareza obvio, quizais non estea de máis lembrar que as mulleres non desexan ser vítimas, non desexan ser valentes, queren ser simplemente libres.
Por todo iso:
• O Concello da Cañiza apoia todas as voces que traballan por un futuro libre de violencias.
• Ratificamos o noso compromiso co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e lembramos a necesidade de continuar avanzando no seu desenvolvemento, así como o especial papel que xogamos todo os Concellos.
• Debemos seguir traballando na ruptura do silencio, a sensibilización e concienciación á cidadanía do problema estrutural da sociedade que supón a violencia machista.
• Instamos a mellorar a coordinación continua entre os diversos axentes sociais implicados na violencia contra as mulleres. Debemos mellorar a resposta institucional a todos os niveis, evitando o risco de vitimización secundaria e mellorando a confianza das vítimas.
• Demandamos a utilización de todos os recursos que sexan necesarios na asistencia, axuda e protección das vítimas e os seus fillos e fillas.
• Debemos impulsar o debate social para que o público deixe de ser privado. Os Concellos somos a maioría das veces o primeiro recurso e, en ocasións, o único do que dispoñen as mulleres en procura de reparo e denuncia da violencia que sofren.
• Cremos de suma importancia dar un impulso á formación dos axentes implicados para garantir unha resposta especializada e integral ás vítimas.
25 de novembro de 2022, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller