Luis Piña visitou esta mañá as colmeas da empresa «Apicelta» na Cañiza, nas que se produce o mel que en 2024 foi galardonado coa medalla de ouro do prestixioso premio apícola «LONDON HONEY AWARDS 2024»

  • Os propietarios da viguesa Apicelta, Angelina Magallanes, herdeira da empresa familiar e Daniel Villaverde, convidaron ao Alcalde a visitar o colmear que a comercial ten na Cañiza. Un criadeiro formado por medio centenar de colmeas das que extraen máis de 3000 kilos de mel anuais e que logo envasan no seu taller de Vigo.
  • O mel producido na nosa localidade foi premiado no «LONDON HONEY AWARDS 2024» coa medalla de Ouro, competindo co mellor mel de Vietnam, Colombia, EE.UU ou Nueva Zelanda e pasando uns rigurosos exames organolépticos de aspecto, sabor, olor e cor.
  • Un galardón acadado o 22 de outubro de 2024, que recoñece internacionalmente o mel da Cañiza como un dos mellores do mundo, posicionando o mel producido na nosa localidade como un referente e marcando un fito na apicultura galega.
  • Un mel que segundo lle explicaron ao Alcalde Ángeles e Daniel, ten unha pureza e calidade extraordinaria ao producirse nun entorno aislado que lle outorga un sabor excepcional.
  • O Alcalde recordou na visita desta maña que A Cañiza conserva unha gran cultura e tradición apícola grazas ao traballo e esforzo de toda a comunidade do noso Municipio. Tamén fixo un guiño ao extraordinario mel producido polos apicultores da Cañiza que teñen as súas marcas rexistradas e que todos os anos colaboran co Concello nas exposicións e feiras gastronómicas ás que asiste para promocionar os produtos locais. 

Esta mañá o Alcalde visitou o colmear que Apicelta ten na Cañiza, na que se produce o mellor mel do mundo, como así o acreditou o galardón acadado no 2024, recoñecendo este mel a nivel mundial.

Un concurso no que o xurado, integrado por 12 membros del LIHA premiaron coa Medalla de Ouro 2024 o mel claro e suave da colleita de 2023 procedente do colmear da Cañiza.

Un mel caracterizado polo seu delicado sabor floral e a textura suave e cristalina que ademáis conserva todos os seus nutrientes e beneficios naturais tras os procesos de produción.

A produtora Apicelta está situada en Vigo dende o ano 1989 pero mantén colmeas en distintas localizacións o que lle permite comercializar distintos tipos de mel. Todos artesanais e 100% naturais e crudos, tratados a temperatura ambiente, colleitos nun entorno natural privilexiado como é o caso da Cañiza, na que existe unha gran produción e tradición apícola.

Noraboa polo premio e polo traballo desenvolvido!