O Alcalde visitou esta semana as obras de reparación da cuberta do pavillón deportivo para ver de primera man o avance das mesmas.
Na visita estivo acompañado polos técnicos da empresa que lle explicaron as deficiencias que presentaba esta instalación municipal e a reforma realizada.
Como xa ten informado esta Alcaldía, esta actuación está financiada a través dun Convenio de colaboración asinado o pasado 22 de novembro entre a Vicepresidencia da Xunta de Galicia e o Concello para a reforma da cuberta do Pavillón, cun investimento de 48.296,98€ e a adquisición de 123 colectores de recollida de lixo por un importe de 21.999,98€
A actuación desenvolvida no tellado da instalación deportiva municipal contemplou a retirada de 269 m2 do lucernario deteriorado, a reparación de 104 m.l. de canalóns de chapa e a retirada de 52 m.l. da cumbrera existente, repoñendose todos estes elementos.
Ademáis retiráronse os 6 aireadores estáticos da cuberta para sustituilos por sombreretes circulares xiratorios de aceiro inoxidable. Tamén se adecentou e aplicou protección en 56 m2 do solado. Todo para evitar as filtracións das augas pluviais que inundaban a pista de xogo.