Limpeza de parcelas o arredor dos núcleos rurais

O Concello comunica aos titulares de parcelas nas parroquias de Couto, Petán, Luneda, Franqueira e A Cañiza da obriga de mantelas limpas, conforme ao previsto no Convenio de colaboración asinado entre a XUNTA DE GALICIA, a FEGAMP e a empresa SEAGA en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais.

 

  • Polo que se establece un sistema público para xestionar a obriga de manter limpos os terreos nunha faixa de seguridade de protección nos nucléos rurais de 50 m segundo o disposto na lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia.
  • O Concello da Cañiza que se adheriu a este convenio o 14 de febreiro de 2019, informa aos titulares das parcelas  situadas nestas faixas de protección da obriga de mantelas limpas de biomasa vexetal  e de retirar as especies arbóreas.
  • Deberase manter limpa de biomasa unha faixa de protección de 50 metros dende o límite do núcleo rural de toxos, carqueixas, xestas, carpazos, uces, fentos e silvas.
  • Nesta faixa tamén deberán retirarse os eucaliptos, piñeiros e acacias, ainda que poderán conservarse estes árbores no caso de considerarse senlleiros ou ornamentais ou que se empracen en zonas de recreo.
  • Para ampliar información acerca das zonas catalogadas como de obrigada limpeza, os afectados poderán consultar os mapas nas oficinas xerais do Concello.

 

Cumprindo co disposto no Convenio de Adhesión en materia de prevención de incendios forestais, durante este último mes dende o Concello se enviaron máis de 550 dilixencias de notificacións aos titulares de propiedades nas parroquias de Petán, Couto, Luneda, Franqueira e A Cañiza para recordar esta obriga. Os titulares das parcelas afectadas nas parroquias de Achas, Parada, Oroso e Valeixe (consideradas priorizadas) xa foron informados nunha primeira fase.

Ademáis o pasado 29 de marzo de 2022 publicouse o Anuncio de notificación aos titulares descoñecidos do requerimiento para lembrar esta obriga. Un total de 1831 parcelas. A documentación permanece nas Oficinas Xerais do Concello para consultar os expedientes.

As notificacións a descoñecidos realízanse de conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ao non poder determinarse a identidade da persoa titular, ou se ignora o lugar de notificación. A través deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Con carácter xeral, os titulares das parcelas deberán limpar voluntariamente e xestionar os restos vexetais. En caso de non facelo o Concello pode proceder á execución subsidiaria repercutindo os costes ao propietario ademáis de poder instruir un procedemento de sanción. Ademáis, as persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas.

Estas condicións están establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia