Invitación á veciñanza para asistir ao descubremento da placa da praza «ARQUITECTA RITA FERNÁNDEZ QUEIMADELOS».

O mércores, 5 de marzo de 2025, ás 12h na Praza do Mercado.

O Alcalde Luis Piña convida a todos os veciños e veciñas que o desexen, a participar neste acto organizado conxuntamente entre o Concello e o Colexio de Arquitectos de Galicia para render homenaxe a Rita Fernández Queimadelos, unha arquitecta pioneira galega, que dende este mércores dará nome á praza do Mercado.

Natural da Cañiza, foi a terceira muller Arquitecta en España cuxa traxectoria axudou a mudar estereotipos de xénero na profesión.

O decano do COAG, Luciano Alfaya, e o alcalde Luis Piña, descubrirán unha placa este mércores, 5 de marzo,  co lema "Praza arquitecta Rita Queimadelos", nun acto organizado no marco das celebracións do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora.

https://www.udc.es/es/igualdadeetsac/Capsulas-de-igualdad/09-Rita/