O Alcalde Luis Piña visitou estas obras desenvolvidas nos tanques de auga de «Augas Ferreas» e «Portoaugavella».
A actuación foi subvencionada ao 100% cunha axuda da Consellería de Infraestruturas e mobilidade da Xunta de Galicia por un importe de 8.966,10€uros.
O CONCELLO INSTALA 4 NOVOS EQUIPOS PARA MEDIR O CAUDAL DE AGUA QUE ENTRA NA REDE DE ABASTECEMENTO DA TRAÍDA MUNICIPAL
- Os novos caudalímetros situados na entrada de auga aos tanques, permitirán ao concello coñecer en todo momento o aporte de auga procedente dos mananciais e dos pozos que subministran á traída
- Será determinante para coñecer se a falta de auga nas épocas máis secas proceden dos aportes aos tanques ou de deficiencias na propia rede por fugas ou uso indebido e poder tomar medidas inmediatas para que os usuarios non se vexan perxudicados.
- O Concello está traballando para solucionar as situacións de falta de auga que se veñen sucedendo nos meses de verán.
A Cañiza.20 de xaneiro de 2022
«Os equipos instalados o pasado mes de novembro mellorarán a medición do consumo de auga potable. Unha ferramenta necesaria para que o Concello poida ter un mellor control sobre o servizo de abastecemento de auga e optimizar a súa xestión. Esta medida permitirá tamén ter un maior control sobre a existencia de perdas ou fugas de auga potable na rede». Así o comentou esta mañá o Alcalde Luís Piña despois de visitar as obras.
A Cañiza conta con dous depósitos de auga. Un en Portoaugavella, o máis grande do Concello cunha capacidade de 3.000 m3 e outro na zona de Augas Férreas cunha capacidade de 800 m3.
Ambas instalacións están conectadas e a elas veñen parar todas as augas das captacións de mananciais e pozos de barrena situados na zona do Pedroso e que das analíticas realizadas periódicamente descríbense como augas de alta pureza.
A instalación destes equipos de medida na entrada dos depósitos, ademáis de permitir saber qué cantidade de auga entra nas instalacións en cada momento, permitirá tomar con tempo as medidas oportunas para evitar os cortes de auga, a falta de presión no servizo e outros inconvenientes que fan que este servizo municipal non se poida prestar adecuadamente nos meses de seca .
Na visita virada polo Alcalde esta mañá, os técnicos describiron a execución da obra que consistiu na instalación de dous equipos de medición de caudal de tipo electromagnético. Un na captación por mananciais e outro na captación por bombeo de cada un dos depósitos.