Iniciamos os trámites para a construcción dun novo aparcamento no casco urbano da Cañiza

O CONCELLO APROBARÁ PRÓXIMAMENTE EN PLENO O PROXECTO DE EXPROPIACIÓN DE FINCAS PARA CONSTRUIR UN NOVO PARKING NA ZONA «CHAN DE LOURIDO» REDACTADO POLA EMPRESA «OLAESTUDIO».

UN PROXECTO QUE CONTEMPLA TAMÉN A RECUPERACIÓN PAISAXÍSTICA DESTES TERREOS SITUADOS NO CENTRO URBANO DA CAÑIZA

 

  • Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña este emprazamento está situado na subida hacia a Casa de Cultura a man dereita cunha extensión de 9.033,29 m2, distribuidos en 8 parcelas.
  • Unha céntrica ubicación que non comprometerá a futura urbanización da zona da area de reparto AR3, xa que o novo parking estará en activo antes de iniciar a execución da humanización da nova rúa do Regueiro.

 

O Alcalde Luis Piña anunciou a aprobación do proxecto de expropiación e recuperación paisaxística dun novo estacionamento no lugar denominado «Chan de Lourido», unha zona arbolada de máis de 9.000 m2 situada no lugar do Regueiro na subida que conduce hacia a Casa de Cultura.

Este Plan Especial contempla a delimitación das parcelas privadas e regulación dos novos usos previstos de estacionamento, ademáis dun plan de expropiacións e un proxecto básico e de execución de arquitectura.

Este proxecto arquitectónico e paisaxístico propón que o novo párking sexa unha continuidade do espazo público e non unha imposición. Por iso terase especial cuidado na conexión cos viais existentes e os novos accesos evitando o deseño de viais asfaltados.

 

UN NOVO CONCEPTO DE ESTACIONAMENTO

ESTE NOVO PROXECTO ENTENDE QUE OS APARCAMENTOS NON SON UNHA EXPLANADA ASFALTADA PARA VEHÍCULOS, SENON UNHA OPORTUNIDADE PARA XERAR UN NOVO ESPAZO PÚBLICO E VERDE, FROITO DUNHA RECUPERACIÓN PAISAXÍSTICA.

Unha parte desta nova zona está en pendente polo que será tratada cunha solución de bancadas construidas con muro de perpiaño de granito da zona. Ademáis esta actuación xogará co arbolado existente que se tomará como referencia para organizar o espazo deste estacionamento. Así tamén se poderá garantir a creación de islas de calor.

Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña “esta actuación dará resposta ás necesidades da veciñanza e dos visitantes de dotar ao núcleo urbano dun espazo máis amplo para aparcamento, co obxectivo de mellorar o benestar dos veciños e ofrecer uns servizos obrigatorios de calidade, sen comprometer outras actuacións de desenvolvemento urbanístico como será a urbanización e humanización da Rúa do Regueiro. Zona que na actualidade acolle gran cantidade de vehículos”.