Iniciamos as obras de reforma do campo de fútbol de Augas Férreas

Este xoves comezaron as obras de reforma do campo pola empresa PRACE, SERVICIOS Y OBRAS S.A. Unha obra cun investimento de  602.421,61€ e que se estima rematará en agosto.

A obra conta con dúas subvencións da Deputación provincial a través do Plan PON30 e o Plan +Provincia 2024 que permitirá ao Concello non ter que aportar ningún recurso propio.

Esta reforma é outro dos compromisos adquiridos polo Alcalde co fútbol da Cañiza, atendendo á grande afección existente no concello.

Consistirá na substitución de todo o céspede sintético do terreo de xogo, cambio da rede de rego, colocación de 4 grandes torretas de luz, impermeabilización dos vestiarios, instalación dunha caldeira de biomasa, reforma da instalación de calefacción dos aseos, vestiarios e duchas , habilitación dun novo acceso ao campo polo extremo norte e limpeza de todos os muros que delimitan o recinto.

Comezamos a reforma

Iniciamos as obras de reforma do campo de fútbol de Augas Férreas

 

Iniciamos as obras de reforma do campo de fútbol de Augas Férreas

 

Iniciamos as obras de reforma do campo de fútbol de Augas Férreas