​​​​​​​ Inauguramos unha nova exposición de pintura.

Nesta ocasión da man da artista e mestra LAURA ESTÉVEZ  e dos seus alumnos do CEIP de Valeixe.

Unha pequena pero fermosa mostra  formada por 15 obras pintadas pol@s nen@s do Centro de Ensinanza Infantil e de Primaria de Touzosas - Valeixe que permanecerá aberta ata o 29 de agosto no 2º andar da Casa Consistorial, en horario de 8h a 15h.

O Alcalde visitou a exposición acompañado de Laura Estévez e d@s nen@s e pais e nais  e por suposto felicitou a toda esta grande "Familia" polo traballo desenvolvido durante todo o curso, animándoos a continuar creando e disfrutando coa pintura.

Novamente agradeceu a disposición dos integrantes deste Aula de Pintura, de expor as súas obras nas instalacións municipais.