III TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DA CAÑIZA. Sábado, 26 de outubro de 2024

  • O Concello da Cañiza  e o clube ciclista «Grupeta Pan de Zarco - A Cañiza» organizan este 26 de outubro, sábado,  o III CX A CAÑIZA -TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DA CAÑIZA.
  • Unha competición puntuable para o ránking da Federación Ciclismo Galego e para o da Real Federación Española de Ciclismo.
  • O Alcalde Luis Piña presentou esta mañá esta III edición acompañado de Tito Ramírez e Pablo Márquez, Presidente e Secretario do clube ciclista organizador e do Vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo Óscar Sánchez.
  • Un trofeo no que se estima a participación de 400 deportistas que competirán de 11h a 17h polos primeiros postos no circuito habilitado no Campo de Fútbol de Augas Férreas e a zona do Balneario, nas categorías  INFANTIL, CADETE, JUNIOR, SUB23, ÉLITE MASTER 30-40-50-60, masculino e feminino.
  • Os ciclistas que estén interesados en participar, poden inscribirse na páxina da Federación Galega de Ciclismo ata o día 24 de outubro, ás 15h.

 

O circuito de 2.5 km. conta cun box de material individual e unha zona de lavado de bicicletas e un máximo de 2 obstáculos artificiais. Ademáis conta cunha zona de chamada e saída anexa á saída e meta, un posto de primeiros auxilios e a zona de Podium.

Na presentación desta mañá o Alcalde Luis Piña agradeceu a colaboración das empresas da Cañiza SAEPLAST, Galimetal, Transportes González, Specialty Marine Products And Ventures, Reciclados Plásticos A Cañiza, Queixos “Castro Xaneiro” e tamén á entidade bancaria ABANCA.

 

 

III TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DA CAÑIZA.  Sábado, 26 de outubro de 2024