Hoxe remataron as obras de reforma integral da cuberta e eliminación de humidades do pavillón deportivo de Valeixe iniciadas a principios de ano

  • O Alcalde Luis Piña visitou esta tarde a instalación municipal despois de que o Concello obtivera a certificación final da obra que se acometeu nun total de 1.492,26 m², cun importante esforzo inversor por parte do Concello.
  • Cun investimento final de 127.913,95€  a reforma está financiada  polo Plan Concellos 2020 da Deputación Provincial, tendo o Concello que aportar con cargo a fondos propios 4.628,64€ por un incremento de valor dos prezos dos materiais.  Deste importe  final, 120.865,05€ corresponden a execución de obra, 4.027,94€ a honorarios de redacción do proxecto, 2.013,97 a honorarios de dirección de obra e 1.006,99 € a honorarios de coordinación, seguridade e Saúde.
  • A necesidade desta reforma estaba xustificada polas humidades que afectaban a esta edificación do ano 1991, sin que ata o momento se acometera ningunha  obra para poder subsanar estas deficiencias que estaban producindo danos na estrutura.
  • A nova cubrición da cuberta está composta por paneis flexibles interiores de lana de vidro  hidrofugada. Un sistema de illamento que protexe do frío e da calor, reduce o consumo de enerxía e ademáis  actúa como aillante fronte aos ruídos  polo que tamén se verá mellorada a acústica do pavillón.
  • Con todo e como manifestou o Alcalde na visita, todavía quedan obras por acometer, como o cambio da pista deportiva, pero serán reformas que terán que esperar un pouco.

 

O ANTES E O DESPOIS DUNHA INSTALACIÓN CONSTRUIDA HAI 31 ANOS.

Esta tarde o Alcalde Luis Piña achegouse ata o pavillón de Valeixe, despois de que se certificara o remate das obras de reforma integral da súa cuberta e eliminación das humidades que afectaban a esta instalación do ano 1991  e que presentaba graves deficiencias estructurais polo seu mal estado de conservación, sobre todo na cubrición.

A cuberta do pavillón estaba formada por piares, vigas e correas metálicas de grandes dimensións con materiais de acabado propios da época, simples, que na actualidade presentaban un gran deterioro propio da súa antigüedade, sobre todo nas pezas de remate: cumbreras,  albardillas de coroacións de muros e nos solapes dos tramos de canalóns e as súas unións coas  baixantes, o que provocaba graves filtracións de auga e humidades.

As obras de refoma da cubrición consistiron na retirada dos paneis de chapa de aceiro e de todas as súas pezas de remate, canalóns e baixantes antiguas e colocación dos novos materiais.  Limpeza dos restos de poliuretano proxectado nas correas e vigas metálicas da cuberta. Colocación de paneis sándwich con acabado exterior de aceiro. Instalación de novas  baixantes de chapa e formación de rede de canalización enterrada no exterior do pavillón para recollida e filtración ao terreo de augas pluviais (arquetas, tubaxe e pozo  filtrante). Aplicación de pintura protectora intumescente nas vigas e piares metálicos e revestimento interior baixo a cuberta formado por chapa de aceiro perforada prelacada con panel flexible interior de lana de vidro  hidrofugada.

Esta obra permitirá eliminar as filtracións de auga polos paneis do tellado, condensacións e goteos ao interior e a aparición de musgos e acumulacións de suciedade nas fachadas.

A esta reforma seguirán outras, tamén necesarias, como a sustitución da pista deportiva, pero terán que esperar un pouco para obter financiación e  poder executalas.