
Esta mañá fixemos entrega dos quintos e últimos premios desta campaña que comezou o pasado decembro e que repartiu un total de 4.400 €uros en vales de compra.
88 números premiados e subvencionados cunha aportación de 3.500,00€ do Concello, 500,00€ da Asociación de Comerciantes da Cañiza e 400,00 € procedentes de 8 premios da campaña do ano 2023 que non foron recollidos.
Dende a Alcaldía lémbrase que todavía faltan por recoller varios premios desta anualidade, que estarán depositados nas oficinas xerais do Concello durante 3 meses. Os premiados deberán acreditar estar en posesión do número e do ticket de compra correspondente.
Dende o Concello, e coa colaboración da Asociación, continuaremos traballando para activar o noso comercio con novas accións e campañas promocionais.
Unha vez máis, noraboa a todos os premiados.