Finaliza o Campamento de Verán 2024 do Concello
O Alcalde visita aos nenos e nenas participantes nesta segunda quenda que rematou o mércores 31 de xullo.
O campamento urbano acolleu nesta nova edición a 120 nenas e nenos en dúas quendas durante todo o mes de xullo. Con base nas instalacións municipais do pavillón de deportes Carballo do Marco, os pequenos disfrutaron de luns a venres en horario de 9.00h a 14.00h, dunha variada programación de cara a fomentar a práctica de actividades físicas, deportivas e recreativas no medio natural.
Ademáis polas mañás e sempre que o tempo o permitiu, usaron en exclusividade as instalacións da piscina ao aire libre.
O Alcalde agradeceu ás familias participantes por ter confiado nesta actividade municipal e felicitou á dirección da empresa encargada de xestionar o campamento e a todo o equipo de monitores que traballaron durante todo o mes de xullo para que os nenos e nenas poideran gozar dos mellores pasatempos e diversións.