Éxito na organización da IV edición do Trofeo de BTT XCO Concello da Cañiza

O Alcalde Luis Piña felicitou ao clube polo éxito de organización e participación nesta proba ciclista celebrada este sábado 23 de abril no circuito das Augas Férreas.

As catro da tarde, xunto cos organizadores, Clube Ciclista Grupeta Pan de Zarko, no Campo de Fútbol de Augas Férreas deuse o pistoletazo de saída a esta proba deportiva na que participaron máis de 300 ciclistas, entre eles Lara Lois e Saul López.  Unha proba que ademáis era puntuable para a Copa Galicia BTT XCO 2022 e na que se disputaron pódiums en todas as categorías masculino e feminino de cadete, Junior, sub-23, élite e máster 30-40-50-60.

O Alcalde agradeceu o gran traballo de organización do Clube ciclista cañicense e a colaboración da Policía Local e das comunidades de montes de Montes de Petán, Achas e A Cañiza.

Tamén as aportacións da entidade bancaria ABANCA e das empresas da Cañiza SAEPLAST, Reciclaje de Plásticos A Cañiza, Galimetal SA y Sistemas de Carpintería para la Arquitectura, EFP BIOTEK, Transportes González e  Queixos Castro Xaneiro.