Éxito de organización e participación no II Gran Premio PUMPTRACK Concello da Cañiza

Celebrado este 15 de xuño nas pistas de deporte urbano do Vieiro

Unha competición na que participaron case un centenar de ciclistas nas 11 categorías, feminino e masculino, desta especialidade deportiva.

O Alcalde felicitou a todos os gañadores e tamén ao Clube PONTEBIKE TEAM e SPORTSKIDS, pola súa colaboración no evento así como aos árbitros, comisarios, fotógrafos, presentadores e demáis persoal que fixeron posible que a proba volvera a saldarse cun gran éxito.

Por suposto grazas a todos os clubes, deportistas e familias por ter confiado na Cañiza para participar neste evento.

O Alcalde tamén agradeceu a colaboración dos establecementos da Cañiza Camping Cañizaapartamentos turísticos AUGUSTO e  Finca Briabí e tamén o apoio de Augas de Mondariz, Biziebike e Rocbikecustoms.

Luis Piña amosou o seu interese en que para 2025, a proba volva a estar incluída dentro da Copa de Galicia. Deste tema falou con Juan Carlos Muñiz, Presidente da Federación Galega de Ciclismo, quen tamén estivo presente neste II gran Premio da Cañiza  e quen alabou a calidade da mesma así como das instalacións.

As pistas de SKATEPARK e PUMPTRACK da Cañiza son as máis completas de Galicia, con 3.300 m2 para a práctica do deporte urbano e segundo os expertos unha das mellores instalacións de España, destacando pola alta calidade técnica do circuíto.