
Durante 40’ @s alumn@s de taekwondo do ximnasio municipal, exhibiron todo o aprendido neste curso da man do seu adestrador, Fidel Rodríguez: técnicas de concentración, «poomse», saltos, acrobacias, rompementos e técnicas de risco.
Na parte final o Alcalde entregou @s nen@s un pequeno agasallo como premio polo esforzo e constancia amosados durante o curso.
Por outra banda @s alumn@s da Escola lle fixeron entrega ao seu profesor dun obsequio co que quixeron agradecer o seu traballo e profesionalidade.
Un ano máis, o Alcalde felicita e agradece a toda esta grande familia deportiva, alumnas e alumnos, adestradores e pais e nais, pola implicación con esta disciplina deportiva.



