Estreamos novo miradoiro e zonas de descanso no Couto, no sendeiro da REDE NATURA sobre o río RIBADIL

  •  Unha nova actuación que completa as melloras de acondicionamento desenvolvidas en 2021 neste sendeiro circular de 2,5 km, que forma parte do espazo da Rede Natura Baixo Miño.
  • O proxecto de construcción do novo miradoiro, redactado polo enxeñeiro Néstor Blanco, cun investimento de 19.955.86€, adxudicouse á empresa PANGEA INGENIERÍA DEL TERRITORIO SLNE.
  • Unha actuación subvencionada con 18.142,45€ para 2022 e 2023, pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Consellería de Medio Ambiente da Xunta, con fondos Europeos Agrícolas para o Desenvolvemento Rural (FEADER).
  • Unha ruta para disfrute dos veciños e visitantes e unha aposta medioambiental do goberno local para activar e poñer en valor o noso patrimonio natural e paisaxístico.
  • Este sendeiro invita tamén a coñecer parte do camiño dos arrieiros do viño que xa no século XVIII, a través da ponte medieval de Noceifas, conectaba as zonas de Crecente, Arbo e Valeixe e o Ribeiro.

 

Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña esta mañá, nos últimos anos o Concello leva desenvolvendo diferentes actuacións encamiñadas á mellora ambiental e á posta en valor do río Ribadil e do seu entorno. Dentro desta liña de traballo tivo encaixe tamén a construcción deste novo miradoiro, dotado de material interpretativo sobre o espazo da Rede Natura Baixo Miño, así como outras actuacións para mellorar a seguridade dos visitantes a este espazo que agora xa podemos disfrutar.

O miradoiro sobre o val do río Ribadil no Couto permitirá favorecer a interpretación do espazo Rede Natura Baixo Miño ao que tamén pertence A Cañiza con 1.18 hectáreas. A rede está catalogada como LIC (lugar de Importancia Comunitaria) e engloba toda a marxe galega do río Miño, incluíndo as súas ribeiras, desde a presa de Frieira ata a desembocadura no estuario do devandito río. Este espazo protexido inclúe unha serie de ecosistemas de elevado valor ecolóxico.

 O SENDEIRO DA REDE NATURA SOBRE O RIO RIBADIL

Actualmente este espazo conta cunha ruta de sendeirismo circular que percorre a beira do río pola marxe dereita do Ribadil e os montes da contorna. O sendeiro iniciase na estrada que comunica a Cañiza e Crecente, nunha curva do trazado que quedou en desuso e permite aparcar con comodidade e iniciar o percorrido.

No inicio atopase unha caseta con información sobre o sendeiro e sobre o espazo rede natura e os montes da contorna. Dende este punto o sendeiro descende cara o río entre masas de piñeiro e carballos.Ao chegar ao río existe abundante vexetación de ribeira e varios saltos de auga.

Parte do sendeiro percorre o antigo camiño real que empregaban os arrieros para transportar coas súas mulas o viño procedente do Ribeiro.

A construcción do miradoiro situouse a metade da ruta, nun punto intermedio, nunha zona moi próxima ao río, nun pequeno sainte que permite ter unha boa vista do val do Ribadil e de toda a contorna.

No tramo que percorre a ribeira do Ribadil o Concello construíu no ano 2021 varias estruturas de madeira (pasarelas e escaleiras) para facilitar o paso dos sendeiristas, que se tiveron que acondicionar de novo debido ás humidades.

Agora o sendeiro ofrece tamén un novo miradoiro sobre o río con paneis interpretativos, unha bancada de madeira con mesa interpretativa e mallas colocadas en estruturas de madeira para garantir a seguridade dos camiñantes.

 

Estreamos novo miradoiro e zonas de descanso no Couto, no sendeiro da REDE NATURA sobre o río RIBADIL

 

Estreamos novo miradoiro e zonas de descanso no Couto, no sendeiro da REDE NATURA sobre o río RIBADIL

 

Estreamos novo miradoiro e zonas de descanso no Couto, no sendeiro da REDE NATURA sobre o río RIBADIL

 

Estreamos novo miradoiro e zonas de descanso no Couto, no sendeiro da REDE NATURA sobre o río RIBADIL