Este venres, 1 de xullo, abrimos a piscina municipal ao aire libre «das Grades» e a praia fluvial na parroquia de Luneda

A piscina municipal «das Grades» abre as súas instalacións este venres,  1 de xullo ata o 15 de setembro (sempre que o tempo o permita), en horario de 15h a 21h de luns a domingos. Pola mañá permanecerá pechada, para dar servizo exclusivo aos 50 nen@s inscrit@s nos campamentos municipais de verán que accederán en horario de 11h a 13h.

 Os prezos non subirán respecto a anos pasados, quedando establecida a entrada para adultos  en 1,50€ e a entrada infantil e  para xubilados e pensionistas en 1,00€.

Tamén a partires de mañá queda aberta a Praia Fluvial na parroquia de Luneda. Un espazo natural  e de lecer, acondicionado a carón da Regueira do Aceval, afluente do río Deva,  cun aforo aproximado de 225 persoas. Esta zona recreativa situada no lugar de Gonda, conta tamén con merendeiro, asadores e zona de xogos para nenos.

 

o 1 de xullo abrimos as instalacións da piscina de As Grades e da Praia Fluvial de Luneda