Este sábado a Plaza de Abastos acolleu unha nova xornada da Campaña «QUERE O TEU MERCADO»
- Impulsada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo e na que participamos case 50 Concellos.
- Unha xornada matinal coa que se pretende destacar o papel da Praza de Abastos e potenciar a compra dos produtos locais no mercado de proximidade.
Durante a mañá deste 25 de maio os placeiros da Cañiza, acompañados do Alcalde e Concelleiros, repartiron agasallos entre os asistentes á Plaza.
Con esta iniciativa preténdese "visibilizar a calidade dos produtos e a atención" que se ofrece no mercado de abastos, con postos de carnes, froitas e verduras.
Campaña internacional «Quere o teu mercado»
Pola súa proximidade e situación estratéxica, os mercados municipais xogan un valioso papel revitalizador dos centros urbanos onde se asentan e facilitan, ademais, a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos.
Mercar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos galegos.
A campaña “Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, promovida en Galicia pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes.
Este sábado, achégate ata a Plaza e pide o teu agasallo!