- Unha proba organizada o 26 de outubro pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e a Sociedade de Cazadores A Cañiza.
- Sobre as 16h, o Alcalde Luis Piña xunto co Delegado de Caza Menor da FGC de Pontevedra, José Manuel Martínez e o Presidente da Sociedade de Cazadores A Cañiza, Marcos Oliveira, entregaron os premios aos gañadores do campionato.
Este 26 de outubro celebráronse nas 4 provincias galegas os Campionatos de Caza Menor e os montes do tecor A Cañiza foron o escenario da disputa do XXXVII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can.
O Campionato comezou ás 8h da mañá coa concentración dos participantes na zona do restaurante O Palancas en Nogueira-Crecente, pero a néboa converteuse na protagonista da mañá e fixo retrasar o comezo.
A competición foi dirixida por José Manuel Martínez, Delegado de Caza Menor da FGC de Pontevedra e foi quen deu o pistoletazo de saída para que os deportistas co seu can e xuíz, saísen a competir durante o horario establecido.
A proba consistiu na representación dun día de caza habitual no monte, valorándose a cantidade total de pezas cobradas no tempo establecido para a proba ademáis doutras limitacións. As pezas cazables son todas aquelas permitidas na Orde Anual de Vedas salvo prohibicións específicas para unha proba.
Ránking de gañadores:
- Campión: Ramón Carballido Veiga, acompañado do seu can "Mouro".
- Subcampión: Javier Calvo Simoes, coa súa cadela "Meniña"
- 3º Premio: José Antonio Vasconcellos Vicente, co seu can "Azor"
O Alcalde felicitou aos gañadores así como a todos os participantes e agradeceu á organización pola invitación recibida para colaborar no evento.