Unha acción formativa gratuita, impartida pola Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (FEMUPO) coa colaboración do Concello da Cañiza, ao abeiro do Plan Corresponsables, un proxecto para favorecer a conciliación de familias con menores.
Un curso presencial, con soporte dixital, financiado polo Goberno de España, a través do Ministerio de Igualdade e pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Ao remate do curso o Alcalde entregou os certificados de asistencia ás veciñas e veciños asistentes.
Neste acto Luis Piña volveu a reiterar a aposta e compromiso do Concello coa conciliación e a corresponsabilidade.