- Este 30 de novembro A Cañiza deu a benvida ao Nadal co acendido do alumeado e cunha chocolatada na Praza Maior. Un acto que conseguiu congregar a centos de veciñas e veciños.
- O Alcalde Luis Piña, xunto co seu Equipo de Goberno, foi o encargado de presidir a conta atrás.
- Co acendido do alumeado, A Cañiza volve a lucir imaxe da man de Iluminaciones Ximénez, empresa referente a nivel estatal en proxectos decorativos de Nadal.
- O acto deste domingo tamén inaugura a programación das Festas navideñas 2025.
O Alcalde expresou o seu agradecemento ás veciñas e veciños que se reuniron este domingo na Praza Maior destacando a importancia da participación cidadá nas celebracións municipais e afirmou que “o acendido das luces navideñas é xa un referente para todo nos, dentro das celebración desta época do ano tan especial e emotiva”.
Este é xa o sétimo ano consecutivo no que Ximénez asina a decoración das rúas cañicenses, sempre coa instalación realizada por unha empresa local, ELECTRICIDADE LAGO. Tras finalizar o contrato no 2024, o Concello licitou de novo o servizo para os próximos tres anos, garantindo que a vila continúe a contar cos seus deseños ata 2027. O novo contrato supón un investimento anual de 45.980 euros, impostos incluídos.
Nesta campaña instaláronse 87 elementos decorativos que permanecerán acesos ata o 7 de xaneiro de 2026:
- 15 arcos nas parroquias
- 47 arcos no casco urbano
- Adornos en 20 árbores
- Un gran abeto na Praza Maior acompañado de dúas figuras 3D
- Cortinillas con efecto “icicle” e decoración na Casa Consistorial.
Toda a iluminación está composta por LED de alta eficiencia, con tecnoloxía de apertura ampla para unha luz máis homoxénea e sen brillos excesivos.
En canto ao aforro enerxético, mantéñense tamén as medidas de eficiencia aplicadas nos últimos anos. O alumeado apagarase de domingo a xoves ás 23:00 h, e prolongarase ata as 02:00 h as noites de venres e sábado. Suprímese ademais o acendido matinal das 06:00 ás 08:00 h. Unicamente permanecerá aceso durante toda a noite do 24 ao 25 de decembro, do 31 de decembro ao 1 de xaneiro e do 5 ao 6 de xaneiro.
Nos vindeiros días o Concello continuará subindo máis imaxes das decoracións que engalanan o núcleo urbano e as entradas das parroquias.
Galería multimedia