Este domingo 24 de setembro celebramos a MARCHA CICLOTURÍSTICA BTT A CAÑIZA 2023

Cunha participación que superou os 100 deportistas

Organizada polo Concello coa colaboración do Clube Ciclista Grupeta Pan de Zarko. Ademáis contou coa axuda dos membros de Motoclub Tumbada As Catro, Cronotec, voluntarios do Clube de Balonmán Cañiza, da Policía Local e da Garda Civil da Cañiza, do equipo de asistencia da ambulancia, do Camping Carballo do Marco da Cañiza e dos traballadores e Concelleiros do Equipo de Goberno.

Unha proba cun trazado de case 40 km que con saída e chegada ao Camping da Cañiza, bordeou as montañas da Franqueira e do Pedroso cun avituallamento programado para a media mañá, no espazo natural de Fontefría e outro ao rematar a proba no que os participantes recibiron un agasallo do Concello.

O Alcalde "agradeceu esta mañá o gran traballo de organización desenvolvido por todos os colaboradores que fixeron posible que a proba fora un éxito".