Este domingo 12 de novembro A Cañiza celebrou a II Edición do «Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza»

  • Nunha exitosa xornada matinal, sen choiva, que comezou ás 9.30h no circuito habilitado nas instalacións do Campo de Fútbol de “Augas Férreas”.
  • Unha proba incluida dentro da Copa Galicia de Ciclocross e  puntuable para o ránking de ciclocross da Real Federación Española de Ciclismo.
  • O Alcalde agradeceu e felicitou aos organizadores desta II Edición, o Club Ciclista «Grupeta Pan De Zarco - A Cañiza», coa colaboración do Concello, polo éxito de participación. Máis de 240 ciclistas que xunto cos familiares e público apoiaron á competición.
  • Luis Piña tamén felicitou aos gañadores de cada categoría e por suposto agradeceu a asistencia e participación de todos os deportistas neste II Trofeo.
  • Un agradecemento extensivo ás empresas da Cañiza SAEPLAST, Galimetal, Transportes González, Specialty Marine Products And Ventures, Reciclados Plásticos A Cañiza, Queixos “Castro Xaneiro” e tamén á entidade bancaria ABANCA pola súa contribución para financiar esta II Edición.
  • O Alcalde tamén fixo unha mención especial ao persoal do Concello que traballou durante a xornada festiva e os días previos.

 

A choiva deu unha tregua Á Cañiza durante a mañá do domingo 12 de novembro, para celebrar por segunda vez este evento deportivo, no circuito habilitado nas instalacións do Campo de Fútbol das Augas Férreas e arredores, organizado polo club ciclista «Grupeta Pan De Zarco», e que contou coa asistencia de máis de 800 persoas entre participantes e público.

O Alcalde Luis Piña agradeceu o esforzo e o intenso e excelente traballo desenvolvido polos organizadores deste II Trofeo e tamén a colaboración dos establecementos e empresas da Cañiza pola súa contribución.

A proba estivo aberta para as categorías de ELITE-SUB23 masculino e feminino; JUNIOR masculino e feminino; CADETE masculino e feminino; MASTER 30/40/50 feminino e  MASTER 30/40/50/60 masculino.  Ademáis este ano por primeira vez, se realizou unha proba de promoción aberta para a categoría infantil na que pudieron participar os rapaces nados entre os ano 2010 e 2011.

O circuito de 2.500m, preparado nas instalacións do Campo de Fútbol de Augas Férreas e a zona do Balneario, contou cun box de material individual, zona de lavado de bicicletas asistida co camión motobomba do Concello, un máximo de 2 obstáculos artificiais, zona de chamada e saída anexa á saída e meta, un posto de primeiros auxilios e zona de Podium.