Este caluroso domingo, o último do mes de xullo, A Cañiza acolleu a «Xuntanza Moteira»,
A «Xuntanza Moteira», organizada por “Os Polemans” logrou reunir no “roteiro moteiro”, un paseo non competitivo polas terras da nosa Comarca, a máis de 150 motos.
Despois da comida, sobre as 16.30 Lucaterremoto e Iker 26 fixeron unha exhibición de conducción e ao rematar animaron aos nenos e nenas que quixeran a realizar unha proba de mini moto.
Na rúa Oriente quedou instalada unha zona infantil con hinchables.
A xornada continuou as 19h co Show de Wilbur e de novo as 20h, Dani Pérez, Lucaterremoto e Iker 26 volveron a realizar unha mostra das súas habilidades coas motos.
A festa moteira rematou coa actuación dun DJ.
Galería multimedia