
Nesta ocasión para saudar aos cativos desta 2ª quenda que remata o luns 31 de xullo.
Visitamos aos nen@s da 2ª quenda do campamento que comezaron a mañá facendo deporte, dentro do pavillón «Carballo do Marco». Hoxe tocaba rolda de gincanas con carreiras de saco, saltos, corda, e moitos máis xogos para encher unha xornada que se presentou con néboa.
O campamento urbano que remata o luns 31, acolleu nesta nova edición a 120 nenas e nenos en dúas quendas durante todo o mes de xullo. Con base nas instalacións municipais do pavillón de deportes Carballo do Marco, os pequenos disfrutaron de luns a venres en horario de 9.00h a 14.00h, dunha variada programación de cara a fomentar a práctica de actividades físicas, deportivas e recreativas no medio natural.
Ademáis polas mañás e sempre que o tempo o permitiu, usaron en exclusividade as instalacións da piscina ao aire libre.
“EU QUERO SER é un programa de lecer e ocio para os máis pequenos, pero tamén está concebido para promover a conciliación laboral e a educación para a igualdade”
Galería multimedia
