Un total de 1890 fincas que suman unha superficie de 740 hectáreas
Os novos títulos foron entregados esta mañá no Salón de Plenos do Concello por parte dos funcionarios da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Nesta entrega tamén participaron o Conselleiro de Medio Rural José González, acompañado do Alcalde da Cañiza Luis Piña, da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé e do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera.
Esta mañá o Salón de Plenos do Concello da Cañiza acolleu aos 629 titulares que de xeito organizado foron atendidos polos funcionarios da Consellería de Medio Rural para identificar e recibir os títulos de propiedade. Un total de 740 hectáreas que se reorganizaron pasando de 13.110 parcelas a 1.890, cunha media de 3.915 m2 (acadando unha superficie 6 veces maior que as parcelas antigas que tiñan por media uns 564 m2)
O Alcalde Luis Piña amosou a súa satisfacción por terse rematado esta concentración parcelaria, iniciada hai 34 anos e na que o Concello tamén tivo un papel determinante no último mandato ao colaborar coa Consellería de Medio Rural para acelerar o peche do procedemento. “No ano 2020 dende o Concello conseguimos “despertar e reactivar” este expediente que estaba bloqueado porque a Consellería non tiña consignada partida orzamentaria para poder inscribir os títulos na Notaría da Cañiza e posteriormente rexistralos no Rexistro da Propiedade de Ponteareas”, manifestou o Alcalde está maña. “Grazas a este impulso conseguimos, despois de moitas reunións, que a Consellería de Medio Rural dotase partida orzamentaria para rematar o expediente”.
Ademáis dende o Concello conseguimos recopilar e actualizar os Documentos de Identidade de moitos dos titulares, necesarios para avanzar no expediente e, nestes últimos días, dar difusión á entrega que hoxe estase realizando.
Luis Piña tamén manifestou que “nos vindeiros días enviaremos un comunicado para informar cómo poden retirar os títulos de propiedade aqueles veciños que hoxe non puideron acudir ata o Concello. Informaremos do procedemento e lugar que se designe a tal efecto”.
Tamén na visita de hoxe o Alcalde invitou ao Conselleiro José González a asinar no Libro de Honra do Concello e fíxolle entrega dunha "cala xamoneira" como agasallo e agradecemento.