
- Os portadores dos números premiados no 4º sorteo celebrado o pasado 24 de xaneiro, recolleron hoxe os seus vales da man do Alcalde Luis Piña.
- 20 premios de 5 boletos de 10 €uros cada un.
O Concello leva entregados nesta campaña 4.000€uros. Así o anunciou o Alcalde no acto desta mañá. Un total de 80 premios dotados con 50€ que se poden utilizar nos establecementos da Cañiza adheridos a esta campaña de apoio ao comercio local. Un comercio de proximidade que, co apoio incondicional do Concello e da Asociación de Comerciantes da Cañiza, quere premiar e agradecer aos clientes.
«A CONFIANZA DE SEMPRE, AGASÁLLATE ESTE NADAL» é unha campaña que ten como obxectivo principal «reactivar o pequeno e mediano comercio de sempre, cercano e comprometido e afianzar a súa clientela».
O Programa consiste en sortear entre os clientes dos establecementos do municipio, que fagan compras por un importe de 20€, 4.000 €uros en vales de compra. 500€ doados pola Asociación de Comerciantes da Cañiza e 3.500 €uros aportados polo Concello. Ademáis a esta cantidade súmanse outros 400 €uros máis da campaña de 2023 que quedaron sen entregar ao non ser reclamados polos gañadores.
O vindeiro 17 de febreiro, celebraremos o 5º e último sorteo. Nesta ocasión premiaranse 8 números, un total de 400€ que se corresponden cos premios das campañas de 2023 que non foron recollidos.
Os vales poderanse empregar ata finais do mes de febreiro, nos establecementos adheridos.
Noraboa a todos os premiados!.
