
- Unha xornada que volveremos a repetir este venres, 21 de xuño no CEIP de VALEIXE.
- A Directora e o Alcalde tamén compartiron cos nenos este almorzo.
- Unha actividade que forma parte do programa da Unidade de «Prevención de Drogodependencias e outras Condutas Adictivas 2024», activo dende xaneiro de 2023.
- O programa, xestionado dende o Concello da Cañiza, está enmarcado dentro do servizo de prestación agrupada e xestión compartida cos concellos de Arbo, Crecente e Melón.
Esta mañá comezamos as primeiras xornadas sobre hábitos alimenticios, coincidindo cos últimos días das clases deste 2023-2024.
Os «Almorzos Saudables» teñen como obxectivo promover hábitos de vida saudables centrados nunha alimentación equilibrada, promovendo o consumo de froitas, cereais e lácteos e sensibilizar sobre a importancia dun almorzo completo como unha das comidas principais do día.
Uns hábitos que pretenden erradicar as prácticas de consumos e de substancias aditivas e promover e actuar no colectivo máis temperá, prestando especial atención á poboación adolescente.
O Alcalde Luis Piña agradeceu especialmente a implicación da directiva e claustro de profesores do centro escolar, persoal de cociña, persoal de apoio ao comedor e o persoal municipal traballador no centro educativo que apoiaron co seu traballo o desenvolvemento da xornada. A todos moitisimas grazas.
O programa, por terceiro ano consecutivo, reanudarase nos centros escolares no vindeiro mes de setembro, intensificando e ampliando ésta e outras accións, implicando tamén ás familias e ao profesorado co obxectivo final de que “@s nen@s se conciencien sobre a importancia de seguir una dieta alimenticia saudable e equilibrada onde prime o consumo de froita, verduras e auga”.
A actividade estará completada con outras accións do proxecto nas que se traballará a importancia de conseguir unha axeitada saúde emocional.
Nesta parte do proxecto participarán tamén todos os centros escolares, a través de obradoiros e os clubes deportivos dos concellos asociados.
Galería multimedia







