ENTROIDO 2025. Concurso de comparsas. Domingo, 2 de marzo de 2025
A Cañiza celebra o «Entroido» este domingo co Concurso de Comparsas que inicia o desfile a partires das 17h dende a Carballeira do Cacharado ata a rúa Antonio Facorro.
Un concurso con 2.300,00€ en premios e unha subvención de 10€ por participante.
As comparsas desfilarán polas principais rúas da Cañiza, acompañadas pola charanga viguesa de Vincios “Vai de Baile”, ata chegar á rúa Antonio Facorro, lugar no que comezarán as exhibicións e o concurso.
O Alcalde Luis Piña recordou esta mañá que o prazo de presentación de solicitudes para participar todavía remata mañá venres, 28 de febreiro, ás 13h. Os interesados poden cubrir o boletín de inscrición nas oficinas da biblioteca municipal.
O concurso conta con dúas modalidades nas categorías de infantil ( ata os 14 anos incluidos) e a de adulto, a partires do 15 anos en adiante. As Bases do concurso establecen que será considerada comparsa infantil, aquela que teña un mínimo do 60% de nenos e nenas. As comparsas que non cumpran esta porcentaxe serán consideradas como adultas.
Esta nova edición do concurso establece para cada unha das categorías un 1º premio de 500€, un 2º premio de 300€, un 3º premio de 200€ e un 4º premio de 150€.
Ademáis todos os participantes teñen dereito a unha axuda de 10€, sempre e cando completen o desfile, establecéndose un máximo de 400€ por comparsa.
O xurado designado este ano polo Concello para elexir as mellores comparsas está formado polo artista, pintor e escultor Diego de Giráldez, o deseñador de moda Cristobal Vidal, a produtora, directora e actriz Marta Pérez e o profesor da Escola de Música Agustín Domínguez.
As comparsas participantes serán valoradas en base á graza do desfile, a creatividade e orixinalidade dos disfraces, a forza expresiva da comparsa e por último o humor co que se defenda o disfraz.