Entregamos os premios do 3º sorteo da campaña “A CONFIANZA DE SEMPRE, AGASÁLLATE ESTE NADAL 2022”.

Luis Piña entregou esta mañá os premios do 3º sorteo desta campaña que comezou o pasado mes de decembro e que xa leva repartidos 3.000,00 €uros en vales trocables nos pequenos establecementos locais adheridos a este programa de fidelización e activación do noso comercio.

Os portadores dos números premiados no sorteo celebrado o pasado luns 16 de xaneiro, recolleron da man do Alcalde os seus vales (5 boletos de 10 €uros cada un), que a partires de hoxe  xa poden utilizar.

Noraboa a todos os premiados.

O vindeiro sorteo celebrarase o  martes, 31 de xaneiro de 2023.