Entregamos os 2º premios do sorteo da campaña de Nadal de apoio e impulso ao noso comercio celebrado o pasado 29 de decembro
O Alcalde entregou o pasado 5 de xaneiro os segundos premios desta campaña de activación e fidelización do comercio local que comezou no mes de decembro en colaboración coa Asociación de Comerciantes da Cañiza.
Os portadores dos números premiados recolleron os seus vales (5 boletos de 10 €uros cada un), canxeables nos mesmos establecementos da Cañiza. Un total de 900,00€uros en vales de compra que se suman aos primeiros 900,00€ entregados o pasado 26 de decembro.
Todavía quedan por celebrarse dous sorteos máis os días 15 e 31 de xaneiro polo que a campaña "A Confianza de Sempre, Agasállate neste Nadal", continúa activa durante todo este mes.
Non te esquezas de solicitar o teu boleto cando fagas as túas compras.
Noraboa a todos os premiados.