Entregamos cerca de 80 composteiros domésticos para a reciclaxe de residuos orgánicos.

Na tarde de onte, entregamos  76 unidades destinadas a vivendas unifamiliares nunha reunión técnica celebrada ás 20.30h no Salón de Plenos onde, ademáis de recoller os composteiros, @s veciñ@s beneficiari@s recibiron instruccións sobre a montaxe e funcionamento.

O Concello abrirá un novo prazo despois de Reis para que @s veciñ@s que non poideron solicitar nesta quenda unha unidade, poidan ter acceso nunha segunda convocatoria.

Dende o Concello da Cañiza apostamos pola compostaxe doméstica nas parroquias, baixo a campaña #acañizacoidadaesostible, para promover a reciclaxe de residuos orgánicos no noso Concello.

Apostamos pola compostaxe doméstica e individual nas parroquias

 

Apostamos pola compostaxe doméstica e individual nas parroquias