En marcha varios proxectos en colaboración co GDR PARADANTA, segundo informou o Alcalde Luis Piña esta mañá.

177.000 € para 2 actuacións relacionadas cos Plans de Sostenibilidade en Destino tramitados polo GDR, financiados con Fondos Europeos Next Generation.

Unha actuación “viño e froita, mobilización de terras agrarias destinadas á viticultura” cofinanciada entre os concellos e o programa LEADER GALICIA 2014-2020

Dentro das diversas actuacións que se desenvolverán na Cañiza,  a acción “Centro BTT Condado-Paradanta" conta cunha inversión de 80.000 €.

O Concello da Cañiza ven colaborando co GDR Condado Paradanta nos últimos anos para a posta en marcha de diferentes proxectos que  terán diferente implicación no nosos municipio.

Unha infraestrutura turístico deportiva para por en valor a riqueza natural e paisaxística do Condado Paradanta.

A Cañiza contará cunha ruta compartida co concello veciño de Covelo, que percorre os montes do Pedroso e Fontefría, e cunha ruta propia que ascenderá polos montes da Franqueira e da Paradanta. Ademais, a espectacular ruta Condado Paradanta 360 tamén atravesa o municipio cañicense; unha ruta circular que percorre todo o territorio de actuación do GDR Condado-Paradanta.

Esta actuación atópase dentro do plan “Entre ríos e estrelas” promovido pola deputación de Pontevedra, dentro dos fondos Next Generation do Goberno de España, que obtivo unha subvención de 1,5 millóns dos fondos europeos que impulsará 12 accións específicas dentro dos Concellos  das comarcas do Condado e a Paradanta,  que porá en valor os ríos Oitaven, Tea, Deva e Miño.

Outro dos proxectos é o denominado “A Cañiza, a capital do xamón”

Que pretende  presentar as vantaxes do clima da Cañiza para o secado do xamón, o proceso de curación e a historia da Festa do Xamón, e dispor dun espazo no que poidan organizarse catas, actividades e talleres.

Esta actuación, deseñada e proxectada polo GDR, inclúese dentro do “Plan Territorial Enogastronómico de Galicia 2023-2025” promovido pola  Xunta de Galicia, dentro dos fondos Next Generation do Goberno de España, que obtivo unha subvención de 1,5 millóns dos fondos europeos para impulsar medidas relacionadas coa recuperación de espazos degradados polos incendios e especies invasoras, combinadas co impulso do destino enogastronómico e posta en marcha de medidas específicas que melloren as oportunidades de destino turístico.

A acción “A Cañiza, a capital do xamón”  conta cunha inversión de 97.000 €.

A outra actuación “Viño e froita: Mobilización de terras agrarias destinadas á viticultura. Outras alternativas para as terras agrarias” que desenvolve o GDR e na que o Concello fai unha aportación de 1.500 €, ten por obxectivo potenciar o sector vinícola que é un dos sectores máis importantes e con maior dinamismo económico na nosa comarca. Esta actuación está financiada co Programa Leader Galicia 2014 -2020 e aportacións dos concellos colaboradores, cunha inversión total de 124.704,00 €.

Un dos proxectos é o denominado “centro BTT Condado Paradanta” que  porá a disposición da veciñanza e de visitantes máis de 200Km de roteiros pola Cañiza e concellos da comarca.