En marcha as obras de reforma integral da cuberta do Pavillón de Touzosas (Valeixe)

O Alcalde visitou hoxe estas obras, cun investimento de 116.236,41€, financiada ao 100% polo Plan Concellos 2020 da Deputación Provincial

 

Con máis de 30 anos de antigüedade, o pavillón de Valeixe presentaba graves deficiencias estructurais polo mal estado de conservación, sobre todo na cubrición, que requerían cada ano de numerosas reparacións e pequenas intervencións sen que se conseguira dar unha solución definitiva.

Filtracións de auga polos paneis do tellado, condensacións, goteos ao interior, musgos e acumulacións de suciedade nas fachadas por defectos no traslado das augas pluviais, falta de aislamento na envolvente térmica, incumprimento na normativa contra incendios,  son algúns dos problemas que presentaba esta instalación municipal polo que unha das prioridades do Goberno do Alcalde, Luis Piña, foi a de incluir esta obra no seu 1º Plan Concellos da Deputación.

Para subsanar todas estas deficiencias o Concello conta coa aprobación dunha subvención ao 100% da Deputación Provincial por importe de 116.236.41 €uros que inclúe a sustitución de todo o tellado do pavillón, a instalación de novos canalones e baixantes de chapa de aceiro, aplicación de pintura protectora nas vigas e pilares metálicos e o revestimento interior baixo a cuberta.

A reforma integral da cuberta permitirá eliminar os custes que ata o momento viña soportando o Concello en pequenas reparacións, en consonancia coa política de austeridade autoimposta pola Alcaldía.