En marcha as obras de adecuación da cantina da Praza de San Roque no lugar de Gonda en Luneda

  • Un investimento de 52.382,33€, desagregados en 45.970,54€ correspondentes á execución da obra e 6.411,79€ de custes de honorarios técnicos.
  • Esta obra de adecuación está subvencionada polo Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra con 43.429,63€uros. Os restantes 8.952,70€ son aportados dos fondos propios do Concello.
  • A actuación foi adxudicada á mercantil DESARROLLOS URBANISTICOS JARMA SLU.

O Alcalde visita as obras de adecuación da cantina da Praza de San Roque, en Gonda- Luneda, acompañado do arquitecto Pedro González Souto, para supervisar a marcha das mesmas.

Unhas obras que darán resposta ás peticións dos veciños de mellorar este espazo cuberto, eliminando as barreiras físicas que separaban a cantina do resto da Praza e acondicionando este equipamento, ao verse aumentanda a zona de servizo.

Estas obras complementan as actuacións rematadas en decembro de 2020 de construcción da cuberta da cantina. Unha obra subvencionada tamén pola Deputación provincial con 26.650,27€, neste caso cubrindo o 100% do investimento. Esta actuación consistiu na construcción dunha estrutura mixta de pilares metálicos e estrutura de cuberta de madeira de carballo autóctono reforzada con tella curva cerámica.

As dúas actuacións, que en total suman 79.032,60 €uros, permitirán mellorar o uso da cantina nas celebracións veciñais.