En marcha o 1º Programa de «Apoio a Mulleres nos Ámbitos Rural e Urbano»

O Alcalde Luis Piña asistiu esta semana ao comezo deste Programa dirixido a mulleres en situación de desemprego que se desenvolverá na Cañiza co obxectivo posto na inserción no mercado laboral das participantes.

O programa contempla varias accións que pasan pola atención personalizada e orientación individual ofrecida a cada muller e a elaboración de itinerarios de inserción estudiando as potencialidades de cada beneficiaria.

Ademáis impartiranse talleres e obradoiros grupais e clases de competencias dixitais, transversais así como técnicas que posibiliten unha mellor inserción laboral.  O programa tamén ofrece formación en especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal.

Conta tamén con tres itinerarios que pasan polos empregos verdes (xestión ambiental, mobilidade sostible e xestión de espazos naturais), empregos dixitais (competencias dixitais básicas e avanzadas, TiCs, páxinas webs) e empregos dirixidos á atención aos maiores e a dependencia (atención sanitaria e sociosanitaria a persoas dependentes)

Todo o Programa é gratuito e ademáis ten asociada unha axuda como incentivo de 400€ a cobrar ao rematar.

Segúndo comunicou o Alcalde esta mañá “este 1º programa xa está completo, pero se algunha veciña está interesada en participar, nestes momentos está aberto o prazo para inscribirse nun 2º Programa que se pode consultar no enlace https://caniza.org/gl/actualidade/axenda-actividades/anunciamos-un-novo-programa-de-apoio-mulleres-no-ambito-rural-e

O proxecto está financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social e organizado pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta, a través de AFAOR.