Luis Piña visitou esta mañá a instalación municipal na que se executaron as obras de reparación e mellora da cuberta, cun investimento de 48.296,98€ financiado a través dun Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Xunta de Galicia e o Concello asinado o pasado 22 de novembro de 2021.
-
Nesta ocasión estivo acompañado dos entrenadores dos equipos superiores feminino e masculino do Clube de Balonmán Cañiza
A actuación desenvolvida no tellado da instalación deportiva municipal consistiu na retirada de 269 m2 do lucernario deteriorado, a reparación de 104 m.l. de canalóns de chapa e a retirada de 52 m.lineais da cumbrera antigua, repoñendose todos estes elementos por mellores calidades.
Ademáis retiráronse os 6 aireadores estáticos da cuberta para sustituilos por sombreretes circulares xiratorios de aceiro inoxidable. Tamén se adecentou e aplicou protección en 56 m2 do solado.
Unha inversión que evitará que se volvan a filtrar as augas pluviais que inundaban a pista de xogo e outras zonas estructurais deste pavillón que ademáis é unha das instalacións deportivas de maior uso por parte dos clubes da Cañiza e como xa dixo o Alcalde Luis Piña noutras ocasións “este pavillón é a base e o centro de adestramento e de xogo do Clube Balonmán da Cañiza, «equipo de élite do noso Concello»”.