Difundimos a información facilitada pola Secretaría de Estado de Seguridade sobre o “PLAN MAYOR SEGURIDADE”

Dirixida aos nosos MAIORES e de interese tamén para toda a cidadanía, de xeito que entre todos, poidamos cooperar e evitar feitos delitivos.

Nestes folletos se explican as pautas de conduta aconsellables e cómo reaccionar ante posibles delitos, roubos, estafas ou abusos, tanto na vía pública como no domicilio, nas viaxes, no banco ou en internet.

Estas pautas teñen por obxectivo a prevención ante os actos delitivos que máis frecuentemente se comenten contra os nosos maiores.

Nestes casos a GARDA CIVIL e a POLICÍA NACIONAL traballarán sempre para axudarnos.

Por iso se vostede ten algún problema ou cree que foi vítima dun delito, non dude en chamar á Policia (091) ou á Garda Civil  (062).

 

Algúns Consellos

  • Se perde as chaves da súa vivenda, cambie as fechaduras.
  • Infórmese sobre as revisións técnicas no seu fogar, para evitar a entrada dun “FALSO TÉCNICO”.
  • Non facilite datos persoais nin bancarios a descoñecidos.
  •  Non fale con estraños sobre os seus plans de viaxe nin o publique en redes sociais.
  • No Banco, procure ir acompañado de alguén de confianza, ou pregunte aos empregados e non acepte axuda de descoñecidos.
  • Utilice caixeiros interiores e oculte a súa clave secreta.
  • Domicilie os seus pagos e evite sacar grandes cantidades de diñeiro.
  • Se lle rouban as súas tarxetas, trate de anulalas e denuncie os feitos.
  • Na vía pública trate de camiñar pola parte interior da beirarrúa.
  • Leve o bolso a modo de bandoleira e non garde os seus obxectos persoais nos petos traseiros.
  • En aglomeracións vixie as súas pertenzas.
  • Se é vítima dun atraco, non se resista.
  • Non acepte propostas que lle fagan na rúa. Pode ser unha estafa.
  • Se o chaman dende un número de teléfono descoñecido, NUNCA DIGA SI. Poden estar grabando para despois utilizar a súa voz e o seu “SI” para realizar unha estafa.
Difundimos a información facilitada pola Secretaría de Estado de Seguridade sobre o “PLAN MAYOR SEGURIDADE”

 

Difundimos a información facilitada pola Secretaría de Estado de Seguridade sobre o “PLAN MAYOR SEGURIDADE”