![Actualidade Actualidade](/sites/default/files/styles/adet_free/public/media/banner/cabecera3-actualidade.png?itok=UjEl-6GY)
O Alcalde entregou esta mañá os segundos premios desta campaña de promoción do comercio de proximidade, que conta coa colaboración da Asociación de Comerciantes da Cañiza.
Ás 09.45h de hoxe, os portadores dos números premiados recolleron os seus vales (5 boletos de 10 €uros cada un), canxeables nos mesmos establecementos da Cañiza.
Un total de 1.000,00€uros en vales de compra que se suman aos primeiros 1.000,00€ entregados o pasado 16 de decembro.
Todavía quedan por celebrarse dous sorteos máis os días 10 e 24 de xaneiro de 2025, polo que a campaña "A Confianza de Sempre, Agasállate neste Nadal", continúa activa durante todo o mes de xaneiro.
Non te esquezas de solicitar o teu boleto cando fagas as túas compras.
Noraboa a todos os premiados.
![Números premiados no 1º sorteo da campaña «A Confianza de sempre, agasállate este Nadal» celebrado o 13 de decembro Números premiados no 1º sorteo da campaña «A Confianza de sempre, agasállate este Nadal» celebrado o 13 de decembro](/sites/default/files/styles/adet_free/public/media/image/Campa%C3%B1a%20Nadal%202024%20Cartel_0.jpg?itok=X6-HMV_E)