Desfile de entroido d@s alumn@s do CPI da Cañiza
@s alumn@s do CPI da Cañiza acompañados dos profesores, directora, cuidadores e demáis persoal do Centro celebraron esta mañá o seu entroido cun desfile polas principais rúas da Cañiza.
Este venres, o tempo deu unha tregua para que @s nen@s do cole puideran celebrar a súa festa.
O Concello tamén quixo colaborar deixando os vehículos da policía local e o camión de bombeiros para abrir a comitiva na que participaron todos os cursos de infantil e primaria do CPI.
Ademáis os pequenos foron recibidos polo Alcalde ao seu paso pola rúa da Casa Consistorial. Luis Piña felicitou e agradeceu a todos os integrantes do Centro por ter organizado este evento tan especial para o noso Pobo, que por unhas horas encheu de color e ledicia as nosas rúas.
Noraboa e Grazas a todo o Centro.
Galería multimedia