
Os alumnos do CPI da Cañiza, acompañados dos profesores e da directora, celebraron esta mañá o seu entroido cun desfile polas principais rúas da Cañiza e bailes na Praza Maior.
O tempo tamén acompañou para que os nenos e nenas puideran lucir os seus traxes.
Un ano mais, o Concello quixo colaborar coa presenza da policía local, que regulou o tráfico nos cruces para asegurar o desfile no que participaron todos os cursos de infantil e primaria, dirección, profesores, coidadores e demáis persoal do centro.
Xa de volta no CPI, incorporáronse á festa deste “Venres de Entroido” os alumnos de ESO, desfilando no patio e rematando a súa intervención cunha coreografía conxunta.
Noraboa a todos e feliz Entroido.
Galería multimedia















