
Para a execución do proxecto de «mellora integral do campo de fútbol de herba artificial das AUGAS FÉRREAS»
- Un proxecto que segundo informou esta mañá o Alcalde Luis Piña “conta cun investimento total de 599.935,27 €, que permitirá cambiar todo o céspede do terreo de xogo, o sistema de rego, a colocación de 4 torretas de iluminación, a colocación dunha caldeira de biomasa nos vestiarios, construir un novo acceso adaptado, sanear todo o pechamento perimetral da instalación e acometer outras melloras enerxéticas” .
- “Unha actuación que reformará integralmente a instalación, na que entrenan e xogan os nenos e nenas e demáis integrantes do Clube de Fútbol Cañiza, en todas as súas categorías e que actualmente presenta grandes deficiencias derivadas do paso do tempo, entre elas o degaste das fibras do céspede”.
- O Alcalde tamén avanzou que “se os procedementos administrativos e os informes sectoriais o permiten, as obras poderán comezar no verán do ano que ven, aproveitando o fin da tempada deportiva 2023-2024”. Ademáis “estamos traballando para conseguir financiación para os 119.987,06€ da actuación que non cubren as axudas do PON2030”.
O Pleno da Corporación Provincial da Deputación, celebrado o pasado 23 de xuño, acordou conceder ao Concello unha axuda de 479.948,21 € para subvencionar a actuación de “acondicionamento e mellora da eficiencia enerxética do Campo de Fútbol das Augas Férreas”, proxecto redactado pola enxeñería Calderón&Asociados Ingeniería Medioambiental.
Unha actuación de mellora e rehabilitación cun investimento de 599.935,27€ impostos engadidos, dos que 416.650,65 corresponden a execución de obra, 54.164,58€ ao 13% de gastos xerais e 24.999,04 ao 6% de beneficio industrial. A estes tres conceptos hai que engadir o 21% de ive que suma outros 104.121,00€.
O PROXECTO
As obras deste importante proxecto contemplan os traballos de substitución de todo o céspede sintético do terreo de xogo (104,40m x 65m). Cambio da rede de rego e dos sistemas de iluminación do campo de fútbol coa colocación ademáis de 4 grandes torretas de luz. Impermeabilización da cuberta dos vestiarios. Construcción dunha caseta para aloxar unha caldeira de biomasa que substituirá á caldeira de gas-oil e colocación dun silo. Ademáis se reformarán as instalacións de ACS (calefacción dos aseos, vestiarios e duchas), o saneamento e os sistemas eléctricos. Por outra banda habilitarase un novo acceso á instalación polo extremo norte e sanearanse os muros de bloque perimetral de todo o recinto deportivo.
A execución desta reforma é outro dos compromisos adquiridos polo Alcalde co FÚTBOL da Cañiza, atendendo á grande afección a esta disciplina no noso Concello.
