As depuradoras de Valeixe e de Achas, a estación de bombeo de Tallós - Valeixe e os dous depósitos de auga municipais, reducirán neste 2023 os consumos eléctricos nun 31%.

UN TOTAL DE 20.039,57€ MENOS QUE NO 2022.

Este luns comezaron as obras de mellora da eficiencia enerxética nestas instalacións municipais que permitirán ao Concello rentabilizar os equipos eléctricos e abaratar os costes enerxéticos nun 31%, optimizar os sistemas de depuración e disminuir as emisións de CO2 á atmósfera, contribuindo a un uso eficiente das enerxías limpas e orientando estes servizos cara a un modelo máis sostible.

As obras están promovidas e xestionadas pola  Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan SISTEMAS SOSTIBLES DE XESTIÓN DE AUGAS I, ao que o Concello se adheriu coa sinatura dun Convenio aprobado no Pleno do 27 de xaneiro de 2022.

 O investimento destas actuacións ascende a 120.307,29€ dos que o Goberno de España a través do FEDER financia o 80%, un total de 96.245,83€. O 20% restante está sufragado a medias pola Deputación de Pontevedra e o Concello con sendas achegas de 12.030,73 €.

¿EN QUÉ CONSISTEN AS ACTUACIÓNS?

Este 22 de maio a empresa concesionaria comezou os traballos nas depuradoras de Achas e Valeixe, para mellorar o proceso de depuración das augas residuais. As obras consistiron na instalación dun rototamiz para reducir a cantidade de sólidos que chegan ao resto de etapas do tratamento. Ademáis colocáronse novos equipos de medida e variadores de frecuencia para reducir o custo enerxético da instalación, adecuando o funcionamento dos diferentes aparellos electromecánicos ao caudal de entrada que chegue á planta (estímase unha redución dun 30% da enerxía consumida anualmente).

Na estación de bombeo de Tallós, en Valeixe, instalouse un novo cadro de mando, control e protección con variadores de frecuencia. Substituíronse as bombas sumerxibles por unhas novas de maior eficiencia enerxética e se instalou un sensor de nivel por ultrasonidos no pozo de entrada. Nesta instalación está estimada unha reducción dun 35% da enerxía consumida.

 Por último nos depósitos de cabeceira da Rede de Abastecemento da Cañiza (Portoaugavella e Augas Férreas), estase substituindo o arranque directo instalado na bomba de captación por un variador de frecuencia.  Este cambio permitirá adecuar o caudal bombeado dende os pozos de captación ás necesidades de auga existentes nos depósitos, mellorando así a súa eficiencia enerxética (estímase tamén unha redución dun 35% da enerxía consumida/ano).

 

Este luns comezaron as obras de mellora da eficiencia enerxética nestas instalacións municipais