De segunda volta acompañamos @s alumn@s da ESO da Cañiza nas actividades desenvolvidas con motivo do 90 aniversario da chegada da radio a Galicia

O pasado 17 de outubro o Alcalde Luis Piña visitou o Centro de Primaria da Cañiza para participar xunto co alumnado  de 6º no programa radiofónico «Emociónate Especial CPI da Cañiza» emitido dende as instalacións escolares nunha iniciativa lanzada pola Asociación «Ondiñas de Radio» e que contou coa colaboración da emisora SI RADIO.

Este luns, 24 de outubro, tocoulle o turno @s moz@s  de Ensinanza Secundaria que tamén participaron  dende o centro educativo nunha nova emisión radiofónica, con entrevistas, debates e informacións locais e de interese xeral. Ademáis preguntaron ao Alcalde sobre os proxectos e actualidade do noso concello.

Novamente, esta emisión especial volveu a facerse eco das voces dos fogares, que relataron as lembranzas e experiencias dos ointes sobre a radio.