Cumprimento da normativa sobre residuos non domiciliarios e servizo municipal de recollida de voluminosos

Ante a proliferación de vertedoiros incontrolados nos viais municipais durante todo o ano, e particularmente nos meses de verán, o Concello da Cañiza lembra á veciñanza a obriga de cumprir coa normativa municipal en materia de xestión de residuos non domiciliarios, segundo establece a Ordenanza reguladora do Punto Limpo, en vigor dende o 8 de maio de 2008 (BOP nº88).

Enténdese por residuo non domiciliario aquel que, pola súa natureza ou tamaño, non pode depositarse nos contedores verdes nin nos de recollida selectiva situados na vía pública, como por exemplo:

  • Electrodomésticos (lavadoras, neveiras, conxeladores, aparellos de aire acondicionado…)
  • Mobles e enseres voluminosos
  • Aparellos eléctricos e electrónicos
  • Restos de obras menores (nas cantidades establecidas pola Ordenanza)
  • Outros residuos especiais como aceites, pinturas, fluorescentes ou radiografías

O vertedoiro incontrolado deste tipo de residuos en beirarrúas, camiños, parcelas, cunetas ou calquera outro lugar non autorizado está totalmente prohibido. Ademais de provocar un impacto negativo na imaxe do municipio, estes actos supoñen un risco para o medio ambiente e para a saúde pública.

Servizo municipal de recollida de voluminosos nas parroquias

Para facilitar a correcta xestión destes residuos, o Concello ten a disposición dos veciños un servizo mensual de recollida de voluminosos, o último xoves de cada mes. Para solicitalo os interesados teñen que chamar ao Concello a través do número 986 651 000 ou acudir as oficinas xerais para cubrir un formulario no que teñen que falicitar os seus datos e o tipo de residuo que desexa retirar ademáis de pagar unha taxa de 10€. Os residuos deberán colocarse no contenedor máis cercano ao domicilio o mércores anterior a recollida (último mércores de cada mes).

Está prohibido deixar estos residuos noutros días que non sexan os mércores e previo aviso ao Concello. O transporte será realizado polo persoal municipal, que se desprazará ás parroquias para recoller os obxectos previamente rexistrados.

Punto Limpo do Polígono de Ribadil (Fase II)

Ademáis, para os residuos máis pequenos ou que non son recollidos polo servizo de voluminosos, o Punto Limpo permanece aberto todos os venres de 8:00 a 15:00 horas.
Estas instalacións, adaptadas e sinalizadas, permiten depositar residuos especiais para o seu posterior tratamento por xestores autorizados, evitando así o seu vertido en lugares non habilitados.

Sancións

O Concello advirte que, se persisten os vertidos incontrolados, iniciarase a tramitación de sancións segundo o disposto na Ordenanza reguladora da limpeza, mantemento, conservación e ornato público do Concello da Cañiza.

  • Multas: desde 60 € para infraccións leves ata 3.000 € para as graves
  • No caso de actividades de carácter mercantil, o incumplimento destas ordenanzas tamén poderá ser motivo da retirada das licenzas de actividade.
  • Ademais, o infractor estará obrigado a retirar os residuos e restituír o dano causado

 

O Punto Limpo é un servizo gratuito para particulares (agás recollidas a domicilio) e está pensado para favorecer a recollida selectiva e garantir un tratamento ambiental axeitado. Cumprir coa normativa é unha responsabilidade de todos e unha contribución directa á calidade de vida no noso municipio.

Para máis información sobre os residuos admitidos, cantidades e condicións de uso, pode consultarse a Ordenanza do Punto Limpo dispoñible no Concello e na web municipal: https://caniza.sedelectronica.es/preview-document/4d2d9441-09a5-47b0-9f30-d9c7b231e98b/